Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 22.08.2019 Actualizado 13:14
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

PSdeG e En Marea rexistran a petición para que Feijóo explique ante a Cámara o nomeamento de Porro en Vigo

O PPdeG móstrase "perplexo" pola solicitude, da que se desmarca o BNG mentres o Grupo Mixto di non estar ao tanto

SANTIAGO. EP  | 16.07.2019 
A- A+

Os grupos do Partido Socialista e En Marea no Parlamento de Galicia rexistrou na mañá deste luns a petición para a convocatoria da Deputación Permanente coa que pretenden que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, explique nun pleno extraordinario o nomeamento de Corina Porro como delegada da Xunta en Vigo.

Unha elección que ha recibidio a crítica unánime dos grupos da oposición, que ven fins "partidistas" no nomeamento de Porro como representante do Goberno galego na cidade olívica pouco máis dun mes despois de que a exalcaldesa asumise a presidencia da xestora do PP de Vigo.

Fronte ás críticas da oposición, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, apoiou de forma contundente o nomeamento de Porro porque "é certamente difícil pensar en alguén mellor" que ela para ser a delegada da Xunta na cidade olívica.

Así, e após eloxiar o "talante negociador" e "de diálogo" da exalcaldesa de Vigo, Puy díxose "sorprendido" e "perplexo" pola petición do PSdeG de convocar a Deputación Permanente para que Feijóo explique a designación.

"CERIMONIA DA CONFUSIÓN", DI PUY
Para o popular, trátase dunha "cerimonia de confusión" ao ser "a primeira vez" que un grupo parlamentario expón que o presidente "compareza para explicar o nomeamento dun delegado da Xunta" cando "xa se nomearon uns cuantos".

"Non hai ningún argumento obxectivo que faga que este nomeamento teña a máis mínima controversia. As delegacións da Xunta noméaas o Goberno en función de quen entende que a persona que ocupa esa Delegación ten suficientes facultades para desempeñar o labor que a normativa lle encomenda", explicou.

Neste contexto, ironizou con que se o PSdeG cre que este é o motivo para a convocatoria dunha Deputación Permanente, "iso quere dicir que o país vai moi ben, vai moito mellor do que eles din".

Non en balde, Pedro Puy tamén denunciou que "o que máis" lle sorprende é que se fale "dun problema de calidade democrática" despois das "dificultades" da oposición da corporación municipal na urbe olívica --formada por PP, Marea de Vigo e BNG-- para desempeñar o seu labor.

"A democracia consiste en que por moi alta que teñas a maioría, absoluta nesta Cámara --a do PP no Parlamento-- ou moi absoluta en Vigo, a oposición ten que ter medios para desenvolver o seu labor de control", apuntou.

Finalmente, e preguntado pola intención de Abel Caballero de rexeitar acudir a unha entrevista con Feijóo, tal e como manifestou esta fin de semana nunha entrevista, o portavoz dos populares lamentou que o rexedor "non quere falar con ninguén". "Iremos vendo como evoluciona a relación entre ambas as administracións sempre desde o convencemento de que a oposición é a mellor forma de que os cidadáns teñan a mellor acción política", continuou.

EN MAREA
Así as cousas, En Marea sumouse á iniciativa dos socialistas --avanzada o pasado domingo polo seu portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga-- para pedir a convocatoria da Deputación Permanente e así tratar de que Feijóo dea conta do nomeamento de Porro ante a Cámara.

En palabras do portavoz do Grupo Parlamentario de En Marea, Manuel Lago, a elección da exalcaldesa viguesa para o cargo "é intolerable en democracia" pois supón "mesturar os intereses do partido cos do goberno".

"O uso de recursos públicos en beneficio privado é unha figura tipificada no código penal", sinalou Lago, que reclama que Feijóo "debe dar explicacións" ante "un escándalo deste nivel".

O BNG DESMÁRCASE
Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que terán que "valorar" a proposta do portavoz socialista "cando a coñezan". Con todo, a nacionalista apuntou que "o problema" de "fondo" en Vigo "non é a persona que ocupa un cargo", senón "que política está a facer o PP en Vigo" e "a confrontación estéril de egos" entre o seu alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Xunta.

E é que, nas súas palabras, hai unha "discriminación grave" por parte do Goberno galego cara á maior urbe da Comunidade en aspectos como que serviu de "gran laboratorio de experimentos da privatización da sanidade" ou os problemas que ten coa "falta de depuración" e a "destrución de emprego".

"Lamentablemente, iso non o vai a solucionar nin Corina Porro, nin Feijóo, nin a confrontación permanente na que ten instalada a cidade o seu alcalde -- Abel Caballero--", esgrimiu. "Isto non se soluciona con máis confrontación", incidiu.

GRUPO MIXTO
Por último, o deputado do Grupo Mixto Davide Rodríguez asegurou que unicamente coñecían a intención do Partido Socialista "polos medios", o que levou a censurar que Leiceaga lanzase o domingo "un globo sonda" antes de "falar cos portavoces".

Con todo, tamén se sumou ás críticas polo nomeamento de Corina Porro por "o uso partidista das insituciones" que imputa ao PP. "Agora tócalle a Vigo, é un fraco favor aos veciños", remarcou.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS