Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 17.42

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O PSdeG ve "unha grande distancia entre os anuncios" de Feijóo sobre Pemex e o emprego no naval

SANTIAGO. EP  | 11.08.2012 
A- A+

O deputado do PSdeG, José Manuel Lage, observa "unha grande distancia entre os anuncios" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre futuros contratos da petroleira Pemex a estaleiros galegos e "a realidade" de perda de emprego no sector naval.

"Todos os acordos que sexan beneficiosos para Galicia e para a economía galega sempre contarán co apoio do PSdeG", respondeu Lage a preguntas dos medios acerca da inversión prevista pola empresa mexicana -- de 57 millóns de euros-- para instalar unha planta de hidrocarburos no Porto Exterior de A Coruña.

En rolda de prensa, o voceiro da área institucional do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, incidiu en que o seu partido "segue esperando dispoñer da documentación" relativa ao acordo asinado entre a paraestatal e a Xunta o pasado maio, que, ademais da inversión concretada este venres, prevé a construción de 14 remolcadores --sete deles na Comunidade Autónoma e outros sete de xeito conxunto--.

Este venres, tras a reunión en que Núñez Feijóo e o director xeral da petroleira, Juan José Suárez Coppel, anunciaron a inversión prevista en Punta Langosteira, o presidente galego mostrouse tamén optimista en relación aos contratos pendentes para a construción de varios buques remolcadores e dous quimiqueros.

Ao respecto, sinalou que "a partir de setembro" se empezarán a formalizar estes contratos "para inmediatamente encher as bancadas" dos estaleiros galegos.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS