Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 23.05.2013  | Actualizado 12.28

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O PSOE acusa á Xunta de destruír espazos protexidos e que as rías non están saneadas

SANTIAGO. EP  | 22.06.2012 
A- A+

A secretaria de Medio da Executiva do PSdeG, Susana Bayo, fixo este xoves balance da política ambiental posta en marcha pola Xunta para concluír que é "negativa", toda vez que a súa "aposta" é "destruír a paisaxe e os espazos protexidos".

"Tres anos despois, nin as rías galegas están máis saneadas nin os ríos están en mellores condicións, non hai máis espazos en Rede Natura, non existe unha política de residuos acorde coa comunitaria e non hai instrumentos de planificación para riadas e secas", enumerou a socialista a través dun comunicado.

Todo iso, despois da constitución dun grupo de traballo xunto con organizacións conservacionistas, responsables provinciais socialistas de Medioambiente e técnicos expertos nesta materia. Entre as súas funcións, está a de redactar "propostas" para o programa electoral co que o PSdeG se presentará ás próximas eleccións autonómicas.

Este equipo aproveitou para abordar cuestións como a "implantación" dunha mina en Corcoesto, a "ocultación de datos" por parte da Xunta sobre a incineradora de O Irixo, a contaminación do río Sar e a "paralización" dos instrumentos de ordenación da Rede Natura.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS