Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 01.08.2014  | Actualizado 11.44

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O PSOE mobilízase contra os Orzamentos e celebrará o mércores 50 roldas de prensa en toda España

MADRID/SANTIAGO. EP  | 04.04.2012 
A- A+

Deputados, senadores e membros das executivas rexionais e provinciais do PSOE participarán este mércores en máis de 50 roldas de prensa por toda España, tres delas en Santiago, Vigo e A Coruña, para mobilizarse contra o proxecto de Presupostos Xerais do Estado (PGE), que considera "insolidarios coas persoas, prexudiciais para os territorios e fraudulentos cos que confiaron no PP".

Para os socialistas, as perspectivas sobre a incidencia dos Presupostos nas distintas comunidades autónomas, provincias e municipios de toda España son "moi negativas" e "contrastan radicalmente coas promesas electorais que os candidatos do PP realizaron durante a campaña electoral".

Segundo o secretario de Relacións Institucionais do PSOE, Antonio Hernando, os socialistas cumpren coa súa "obriga como oposición responsable a defender os intereses dos cidadáns e denunciar os incumprimentos do PP e os prexuízos que estes Presupostos van xerar na economía española".

"E ese compromiso cos cidadáns lévanos a denunciar uns Presupostos insolidarios coas persoas, prexudiciais para os territorios e fraudulentos cos que confiaron no PP", sinalou nun comunicado.

O dirixente socialista pregúntase "onde están os compromisos adquiridos de praza en praza" polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, durante a campaña e "onde queda a súa palabra". "A Rajoy non lle quedou nada por prometer, polo que agora debería ir aos lugares onde comprometeu actuacións do seu Goberno para explicar que mentiu e pedir desculpas,", engadiu.

As máis de 50 roldas de prensa que se celebrarán hoxe por toda España contarán con responsables políticos como Trinidad Jiménez en Málaga, Soraya Rodríguez en Valladolid, Jesús Caldera en Salamanca, Inmaculada Rodríguez-Piñero en Valencia, José Blanco en Santiago de Compostela, Víctor Morlán en Huesca, Carmela Silva en Vigo, Antonio Trevín en Asturias, Eva Díaz Tezanos en Cantabria, Jesús Fernández Vaquero en Toledo, Marisol Pérez Domínguez en Mérida, ou Francisco Caamaño na Coruña, entre outros.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS