A catástrofe do 'Prestige' puxo no mapa a Tragsa, unha empresa pública até entón descoñecida para o común dos mortais e que manexa uns orzamentos importantes. É un bocado máis que apetecible nos chamados nemeamentos de terceiro nivel. A presidencia estatal, á que aspiraban galegos na órbita de Mariano Rajoy, foi para o enxeñeiro agrónomo madrileño Miguel Giménez de Córdoba. Segue vacante a delegación galega, cargo tamén goloso e polo que pelexan, nomeadamente, César Aja, ex alcalde de Viveiro e ex senador do PP, e Dositeo Rodríguez, ex conselleiro de Presidencia con Manuel Fraga.