Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

A quen estorba Xosé Manuel Beiras e por que intentan demonizalo agora que o BNG estourou?

14.02.2012 

4.3/5 [24 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ALBERTE MARIÑO

O líder do Encontro Irmandiño segue a ser o político máis valorado no nacionalismo e o nacionalista con máis predicamento na sociedade civil galega, nomeadamente entre a mocidade. As sondaxes apuntan a que se algún proxecto político ten posibilidades de callar fóra do búnker upegallo será o que apadriñe o profesor Beiras. El dixo por activa e por pasiva, e segue a dicir, que o nacionalismo precisa de novos liderados, do mesmo xeito que defende manter nos concellos a unidade de acción do Bloque e dos escindidos. Sabe que a travesía do deserto vai ser especialmente dura e que xa hai inimigos exteriores dabondo como para enlearse en pelexas fratricidas estériles. Sen embargo, o clima que se respira non é o máis propicio. A UPG xa activou, agora abertamente, a campaña de demonización do maior referente do nacionalismo galego dende Castelao e, se alguén non o impide, vai negarlles aos irmandiños o pan o o sal, comezando polo intento, esbozado por Guillerme (a secas), de expulsalos das corporacións locais. Parece difícil comezar peor, pero éche o que hai: marchando outra ración de minifundismo mental e de miseria intelectual!

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS