Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 20.08.2019 Actualizado 12:41
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Queremos Galego convoca manifestacións o día 17 en 13 localidades de Galicia

Pretende deslocalizar a gran concentración que se facía todos os anos en Santiago, para facilitar que todas as persoas poidan achegarse aos actos, que serán simultáneos

LUGO. EP  | 13.05.2019 
A- A+

A Plataforma Queremos Galego convoca este ano manifestacións en 13 localidades da Comunidade Autónoma de Galicia o 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas.

O membro da plataforma Luís Pérez Barral anunciou este luns en Lugo que quixeron este ano "deslocalizar a gran manifestación que se facía todos os anos en Santiago, para facilitar que todas as persoas poidan achegarse ás mobilizacións que serán simultaneas" en toda Galicia, en defensa do idioma galego.

Así, avanzou que "van ser 13 vilas e cidades, onde se van a rexistrar estas mobilizacións, baixo a lema 'Liberdade, igualdade e xustiza para o galego'". "Cremos que hai que reivindicar a situación anómala que vive a lingua galega", sostivo.

Entre esas situacións "anómalas", Pérez Barral denunciou que "a Xustiza dita o 95 por cento das sentenzas en lingua castelá, e un cinco por cento en galego, ou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula parte da ordenanza de normalización lingüística no Concello de Lugo".

Así mesmo, censurou, á súa vez, que no ámbito do ensino case un "23 por cento das persoas entre catro e quince anos non sabe falar galego".

Nesta liña, Barral reivindica "igualdade" para que as persoas que falan galego non teñan "impedimento de ningún tipo á hora de falar" a lingua de Galicia "en calquera situación".

DOCUMENTACIÓN EN GALEGO
"Por exemplo, hai empresas que nos negan atención se queremos un documento en galego; non podemos abrir unha conta bancaria en galego, o seguro do coche négasenos si pedimos a poliza en galego ou, por exemplo, si nos queremos dirixir á administración do Estado si somos estudantes corremos o risco de que non se nos conceda a bolsa polo mero feito de non facer a petición en lingua galega", denunciou.

En canto ás manifestacións deste venres, na cidade Lugo sairá ás 12,00 horas do venres 17 da Praza Maior.

As mobilizacións previstas para o 17 de maio son as seguintes (irase actualizando):

A Coruña
Praza de Galiza ás 12:00h

Santiago de Compostela
Alameda ás 12:00h

Ferrol
Praza Vella ás 12:00h

Carballo
Praza do concello ás 12:00h

Lugo
Praza Maior ás 12:00h

Burela
Praza da Mariña ás 12:00h

Monforte
Praza de España ás 12:00h

Ourense
Praza do Ferro ás 12:00h

Pontevedra
Praza da Peregrina ás 12:00h

Vigo
Manifestación ás 12:00h. Saída cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz.

A Estrada
Praza do mercado ás 12:00h

Lalín
Praza da igrexa ás 12:00h

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS