Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 20.05.2019 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Quico Cadaval, Carlos Núñez e María Pujalte, gañadores dos Premios da Cultura Galega 2011

Rogelio Groba recibirá o galardón de Música e Manolo Paz o de Artes Plásticas

SANTIAGO. EP  | 03.11.2011 
A- A+

Quico Cadaval, María Pujalte e Carlos Núñez

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2011 acordou este mércores os nomes dos sete premiados que recibirán estes galardóns na súa edición deste ano e entre os que se atopan o dramaturgo Quico Cadaval, o gaiteiro Carlos Núñez ou a actriz María Pujalte. 
A sesión de deliberación estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e contou coa participación do director xeral do Libro, Francisco Rodríguez; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín; e representantes das tres universidades galegas e da Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario. 
Na súa edición de 2011, os Premios da Cultura Galega recoñecerán no ámbito das Letras ao escritor lucense Arcadio López Casanova pola súa traxectoria; mentres que no ámbito das Artes Plásticas se premiará o traballo creativo do escultor cambadés Manolo Paz. 
Así mesmo, o dramaturgo Quico Cadaval recibirá o galardón de Artes Escénicas polo seu traballo en favor do impulso do teatro galego; e o gaiteiro Carlos Núñez recibirá o premio á Promoción Cultural de Galicia polo impulso da cultura galega fóra das fronteiras da Comunidade. 
Tamén a Fundación 'Aquae Querquennae' recibirá un premio, ás Iniciativas en Favor do Patrimonio Cultural, polo seu traballo no depósito 'Aquis Querquennis', situado en Bande (Ourense). 
Finalmente, o Premio Cultura Galega de Música irá nesta ocasión para o compositor Rogelio Groba e no caso do galardón á Creación Audiovisual, recaerá na actriz María Pujalte. 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS