Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 17.04.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo móstrase "optimista"

Rajoy fixará a data do AVE despois de presentar os presupostos

O dirixente autonómico confirma o seu "compromiso" para pedir un novo sistema de financiamento, pero pide "tempo"

SANTIAGO. EP  | 16.03.2012 
A- A+

O presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, adquirirá un compromiso persoal coa data da alta velocidade galega e a conexión coa Meseta de forma que ofrecerá este dato despois de que se presenten os presupostos do Estado e estea debuxado o escenario macroeconómico. Ante esta situación, o mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse "optimista".

O compromiso do xefe do Executivo central de dar unha data e "non mentir por quinta vez" aos galegos é unha das promesas que Alberto Núñez Feijóo se trouxo este xoves da reunión co seu homólogo do Goberno estatal, tal e como trasladou aos medios tras a reunión do Consello da Xunta, celebrada un día despois do habitual, precisamente, polo encontro en La Moncloa.

No encontro entre ambos os dous dirixentes políticos, segundo explicou Núñez Feijóo, Rajoy trasladoulle que non quere ofrecer a Galicia unha data que non se corresponda coa realidade "a sabendas que non é posible". É "impecable", xulgou o presidente da Xunta ao respecto da postura do seu homólogo estatal, que esperará a ter o escenario financeiro e as previsións macroeconómicas do seu presuposto para realizar o seu compromiso.

Así, Feijóo explicou que a proposta realizada ao presidente do Goberno foi a mesma que formulou aos seus predecesores socialistas, e é que a Xunta "entende que 2018 é o ano no que tecnicamente pode chegar o AVE". "Sigo propoñendo ao Goberno de España que o AVE chegue en 2018, tecnicamente é posible, financeiramente é ambicioso, moi ambicioso", explicou.

Neste sentido, o presidente galego argumentou o feito da que data é "ambiciosa" dende o punto de vista económico baseándose en que a ministra de Fomento, Ana Pastor, "acaba de acreditar e non foi desmentida" que se atopou unha débeda de 40.000 millóns de euros, e a que tampouco foi desmentido que o "déficit oculto do Goberno de España son 26.000 millóns de euros máis".

"O MELLOR", QUE RAJOY SE COMPROMETA

"Nese escenario financeiro, entenderán que a cuestión económica do AVE Galicia en 2018 é moi ambiciosa, porque o ministerio que ten que facelo debe 40.000 millóns de euros que ten que pagar", remarcou o presidente autonómico, quen se mostrou "consciente" de que nesta situación, "o mellor" é que o xefe do Executivo central "lle diga a Galicia a data de finalización da conexión do AVE de Galicia coa Meseta".

Sobre esta cuestión, destacou que sexa o propio presidente do Goberno central que, "por primeira vez", vaia asumir a data. "O dato vaino dar o presidente do Goberno. E se quere que lle diga máis, son optimista", apostilou.

FINANCIAMENTO AUTONÓMICO

Outro dos asuntos que se abordaron no encontro, tal e como confirmou este venres Feijóo, foi a cuestión da reforma do financiamento autonómico. Ao respecto, PSdeG e PPdeG pactaron no Debate sobre o Estado da Autonomía instar a unha reforma que teña en conta as circunstancias específicas de Galicia, un asunto co que o mandatario autonómico ratificou a súa postura a favor de abordar.

Na súa explicación ante os medios tras a reunión do Consello deste venres, o mandatario autonómico explicou que necesita "un tempo", posto que a situación económica deste país fai que España teña unha "lista de espera de problemas urxentes" e haxa que atender as "patoloxías máis graves", como elaborar os presupostos ou determinar medidas para controlar o déficit.

Con todo, remarcou que apostar por un novo modelo de financiamento autonómico é o seu "compromiso" e indicou que lle trasladou ao presidente Rajoy que non só é unha petición da Xunta, senón que tamén as forzas políticas a través do Parlamento galego, tamén reclaman un novo modelo de financiamento autonómico.

Ao respecto, argumentou que é necesaria unha modificación porque "había un sistema consensuado e rompeu", e porque "agora hai un modelo" que a maioría de comunidades "non impulsou pero soporta". Ademais, agregou que o actual sistema "non é xusto, non é acertado e non se cumpre".

"Por iso creo que temos que intentar un novo sistema de financiamento dos servizos públicos esenciais para as comunidades na nosa relación de lealdade co Goberno central", resolveu.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS