Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.10.2014  | Actualizado 01.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

DENDE VERIA

Ratzinger, Grandes Éxitos (vol. I)

ELÍAS PÉREZ SÁNCHEZ  | 19.08.2011 
A- A+

Acaba de chegar pero xa se armou. A súa visita pastoral e evanxélica a terra díscola, atea e nada medorenta de Deus xa estimulou as marchas laicistas e as declaracións da crème dela crème da intelectualidade do reino como Esperanza Aguirre e Ana Botella.

Chega Ratzinger en loor de santidade e a policía democrática carga de modo inmisericorde e baixo ameazas (que deixan ao corpo notoriamente nunha situación de dubidosa reputación) contra cidadáns laicos e xornalistas acreditados. Chega Ratzinger e as esencias intelectuais do país fanse unha vez máis visibles, evidentes, notorias e sustantivas. Ana Botella declara que o Papa debe ter a mesma liberdade de expresión que o indignado de Sol. Certo. Non lle falta razón á Botella. Pero polas mesmas e respectando o principio de reciprocidade, tamén os indignados de Sol merecen o mesmo respecto que o Papa, xa que logo non convén descualificalos como batasunos proetarras, guarros, vagos, analfabetos, totalitarios, golpistas ou sediciosos.

“Espe” recrimina as marchas laicas e a súa autorización subliñando que “eses señores que se manifestan deberían saber que o Cristianismo trouxo a occidente e ao mundo a igualdade entre seres humanos, a dignidade das persoas, a liberdade, a piedade, o sacrificio e a preocupación polos demais, particularidades humanas positivas que, por exemplo, non as trouxo Marx”.

Que lección de historia! Por non entrar en profundidades hoxe, e dado que esta columna foi escrita xusto o día da chegada de Ratzinger cando aínda non hai nada noticiable sobre as súas declaracións, pregúntome se nestes catro días nos que se esperan nove discursos e tres homilías, Ratzinger insistirá na defensa dos valores antes destacados pola lideresa e cuestionará aos lobbys bolsistas, axencias de especulación e de rating, trincones de gravata de seda e traxe de Armani (con perdón para Armani) ou persistirá na perversión do consumismo, o hedonismo, o materialismo, a ditadura do relativismo (contradictio in terminis impropia dun teólogo como el), o marxismo, o liberalismo, o colectivismo, o individualismo radical, o ateísmo, o vago misticismo relixioso, o aborto, a eutanasia e Zapatero.

Tempo teremos para tratar estes asuntos. Catro días de Ratzinger en Madrid, capital de Sodoma e Gomorra, dan para moito. Continuará…

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS