Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 28.06.2017 Actualizado 20:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Estenderase ata o 30 de abril

A Real Academia Galega de Belas Artes abre o prazo de propostas para a dedicación do 'Día das Artes Galegas 2018'

SANTIAGO. EP  | 19.04.2017 
A- A+

A Real Academia Galega de Belas Artes abriu o prazo de presentación de propostas para a dedicación do 'Día das Artes Galegas 2018' a unha figura singular da cultura galega.

A institución centenaria, seguindo o regulamento para a elección de candidaturas, abre un prazo que se estenderá ata o 30 de abril, período durante o cal se poderán recibir propostas, debidamente razoadas e dirixidas a esta academia por organismos, institucións ou asociacións culturais.

A selección do homenaxeado ou homenaxeada, que lle corresponde finalmente á Real Academia Galega de Belas Artes, recaerá sobre unha figura que se entenda "transcendental" na historia das artes galegas. Ademais, deben de transcorrer máis de dez anos desde a súa morte.

Unha comisión, composta por membros de cada sección das artes, será a encargada de valorar durante o mes de maior todas as candidaturas recibidas, seleccionando un máximo de tres propostas. Finalmente, no mes de xuño, o pleno da institución elixirá os finalistas o nome do homenaxeado.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS