Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 23.05.2013
| Actualizado 12.28
A Real Academia Galega de Ciencias e a Fundación Barrié levan o legado de Antonio Casares por toda Galicia
SANTIAGO. EP | 22.04.2012
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Fundación Barrié levarán o legado do pai da química galega, Antonio Casares Rodríguez, por toda Galicia ata finais do mes de maio.
Nun comunicado, a Fundación Barrié detallou que o próximo martes, día 24 de abril, a RAGC celebrará na súa sede o Día do Científico Galego, dedicado este ano ao investigador monfortino.
Segundo indicou, este será o inicio dun programa de actividades organizado conxuntamente coa Fundación Barrié que se estenderá ata finais de maio e que inclúe un espectáculo científico nas rúas de Monforte o sábado, día 28 de abril.
Ademais, tamén se realizarán talleres en colexios das catro provincias durante os dous meses e a distribución dunha unidade didáctica sobre Casares a todos os centros escolares de Galicia.
O acto que terá lugar en Santiago o próximo martes, día 24 de abril, ás 19.00 horas na sede da Real Academia Galega Científica incluirá un recordatorio familia a cargo do tataranieto do homenaxeado e reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.