Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 15.10.2019 Actualizado 14:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Real Academia Galega de Ciencias premia este martes a cinco científicos galegos

Carlos Diéguez González, Enrique Vidal Abascal, María Teresa Moreira, Xavier Lavandeira Villot, José Luís Mascareñas serán os galardoados

SANTIAGO. EP  | 07.10.2019 
A- A+

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) premiará este martes, día 8 de outubro, a cinco científicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Universidade de Vigo (Uvigo) coas súas Medallas de Investigación.

Diso informou a Academia nun comunicado, no que explica que a entrega das medallas terá lugar no acto de celebración do Día da Ciencia en Galicia, que se celebra no Colexio de Fonseca en Santiago.

Nesta cita, ademais, homenaxearanse á figura de Tomás Batuecas, referente internacional na determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos, e entregaranse os Premios de Investigación Ernesto Viéitez.

As Medallas de Investigación da RACG distinguen a científicos e científicas de prestixio que desenvolven a maior parte da súa carreira investigadora en Galicia.

PREMIADOS
A medalla Ánxeles Alvariño, da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde, correspóndelle a Carlos Diéguez González (San Xoan de Río, 1955), director do Centro Singular de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus).

O catedrático de Matemática Aplicada da USC Alfredo Bermúdez de Castro (A Coruña, 1950) recibirá a medalla Enrique Vidal Abascal, correspondente á sección de Matemáticas, Física e Ciencias dá Computación.

A catedrática de Enxeñaría Química da USC María Teresa Moreira (Mugardos, 1969) foi elixida pola sección de Ciencias Técnicas para recibir a medalla Isidro Parga Pondal.

A medalla Domingo García-Sabell, da sección de Ciencias Económicas e Sociais da RAGC destaca a traxectoria de Xavier Lavandeira Villot (Vigo, 1967), catedrático de Economía da UVigo e director do centro de investigación Economics for Energy.

O director científico do Centro Singular en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), José Luís Mascareñas (Allariz, 1961), recibe a medalla Antonio Casares Rodríguez, da sección de Química e Xeoloxía.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS