Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 09.12.2019 Actualizado 23:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

MÉNDEZ FERRÍN: "LEVAMOS AO PÉ DE CADA CASA TODO O NOSO PATRIMONIO"

A Real Academia Galega estrea páxina web, cun dicionario en liña con 50.000 entradas

A CORUÑA. EP  | 30.03.2012 
A- A+

A Real Academia Galega (RAG) dispón desde este venres dunha nova páxina web, na que destaca a incorporación do dicionario en liña que conta con máis de 50.000 entradas.

A nova web, na que traballaron 9 anos, compleméntase con outros recursos como un apartado con información sobre as Letras Galegas, ademais doutro espazo que permite aos investigadores coñecer os fondos que custodia a RAG.

"Con esta nova web faise uso das novas tecnoloxías para dar un salto adiante e levar ao pé de cada casa todo o patrimonio da institución", comentou, en rolda de prensa, o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín.

O dicionario estará "en permanente mellora e actualización", destacou sobre esta ferramenta, que inclúe termos científicos e xurídicos así como información léxica e ortográfica sobre os termos a buscar.
Ademais, a institución indicou que non descarta que este proxecto, que conta coa colaboración da Fundación Barrié, póidase chegar a implantar en dispositivos móbiles.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS