Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.07.2018 Actualizado 11:15
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Real Filharmonía de Galicia estrea esta semana dúas obras encargadas aos galegos Jacobo Gaspar e Antón Alcalde

SANTIAGO. EP  | 16.04.2018 
A- A+

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) ofrecerá esta semana dous concertos no Auditorio de Galicia nos que estreará dúas obras encargadas aos compositores galegos Jacobo Gaspar e Antón Alcalde.

A primeira das citas será o venres 20, ás 20,30 horas. E o sábado, ás 12,00 horas, repetirase parte do concerto de abono para o público máis novo e para as familias dentro do ciclo 'Descobre unha orquestra para ti, a túa!', que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos.

En ambas as citas levará a batuta o director titular da agrupación, o mestre Paul Daniel, informou o Consorcio de Santiago nun comunicado.

En concreto, a orquestra estreará dúas obras de compositores galegos, escritas por encargo da Real Filharmonía de Galicia. Trátase de 'Vía Láctea. Haiku espiral' de Jacobo Gaspar e 'that pale blue dot' de Antón Alcalde.

O concerto do sábado "servirá para dar visibilidade á Fundación Down Compostela, dentro do proxecto RFG Solidaria", que, explica a entidade, a Real Filharmonía de Galicia puxo en marcha hai dúas temporada, e contarase coa asistencia da Tropa Korriban Star Wars Galicia. As entradas custan cinco euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos.

VENRES
O concerto de abono do venres estará centrado no universo, para reforzar a lema desta temporada da RFG: 'Un universo en expansión'. Na cita soará a suite de 'A Guerra das Galaxias' de John Williams (1932), compositor de bandas sonoras de cinema.

"A obra comeza co tema central da saga, considerado tanto polos críticos como polo público como un dos mellores temas cinematográficos de todos os tempos, sendo a música que abre cada unha das películas da saga", destacan as mesmas fontes.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS