Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

INNOVACIÓN

Realidade aumentada, tecnoloxía útil para a información turística

29.01.2011  A firma galega Signo Ingeniería del Territorio é unha das primeiras empresas españolas en desenvolver aplicacións para móbiles que serven para amosar todo o que dá de si un territorio

4.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

HENRIQUE NEIRA SANTIAGO

Antonio Fraga, cofundador de Signo, con varios dos membros do equipo da firma na súa sede en Santiago FOTO: H. NEIRA
Antonio Fraga, cofundador de Signo, con varios dos membros do equipo da firma na súa sede en Santiago
FOTO: H. NEIRA

Signo (www.signo-geo.com) naceu no ano 2003 por iniciativa dos xeógrafos Xaime Garaboa e Antonio Fraga. A empresa botou tres anos no edificio da Fundación Empresa- Universidad Gallega (Feuga) no campus sur compostelán e a partir de aí foi medrando e hoxe ocupa unha oficina na rúa do Hórreo de Santiago, onde realiza labores de consultoría e elaboración de proxectos nos ámbitos de ordenación do territorio e medio natural e desenvolve software para sistemas de información xeográfica.

A maioría do persoal son xeógrafos e entre os seus proxectos máis innovadores figura a creación de software para dispositivos móbiles que aproveitan as vantaxes da tecnoloxía de realidade aumentada, na que "somos unha das primeiras empresas españolas en utilizala", sinala Antonio Fraga, quen apunta entre os primeiros clientes a Turgalicia, a oficina do Xacobeo, Bankinter ou Línea Directa.

Unha das aplicacións que desenvolveron, para a primeira das entidades citadas, permite por exemplo recibir no móbil datos precisos sobre os hoteis e restaurantes máis próximos -a que distancia se encontran, os datos de contacto-, e empregando un compás dixital axuda a dirixirse ó lugar elixido para evitar perderse polo camiño. Este software desenvolveuse para os iPhone de Apple e para os móbiles co sistema operativo Android de Google e as informacións que achega están almacenadas nunha base de datos que se pode actualizar constantemente, de xeito que pode estar tan ó día como queira a entidade para a que se desenvolve a aplicación. En Signo, ademais, elaboraron un xestor de contidos gratuíto que fai posible para as persoas interesadas en crear unha capa de información nova na que sexa quen de sinalar os puntos de interese que considere axeitados.

Promoción do software libre cando é posible

Na empresa compostelá producen así mesmo portais web con funcionalidades de sistemas de información xeográfica, que resultan moi útiles por exemplo para as webs orientadas ó turismo, e empregan para iso o software máis axeitado "en función do que requiran os clientes", apunta Antonio Fraga, quen lembra que o software libre está moi presente nas súas actividades dado que foron unha das empresas fundadoras da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, Agasol.

O cofundador de Signo explica que o sector tecnolóxico non é dos máis afectados pola crise económica, malia que por exemplo a empresa conta entre os seus clientes diferentes administracións, pois entre os proxectos que desenvolven encóntranse plans xerais de ordenación urbanística nos que traballan na parte de sustentabilidade ou as axendas 21 -programas estratéxicos dos concellos-, nas que realizan todos os apartados necesarios.

DATOS EN LIÑA

Os sistemas de información xeográfica, cada vez máis usados

"Os sistemas de información xeográfica empréganse moito hoxe en día -asegura Antonio Fraga-, úsanse para control de frotas, para temas ambientais, para localizar puntos sobre a superficie terrestre con distintas finalidades... calquera sector económico pode beneficiarse deles".

Así, unha das aplicacións que desenvolveron recentemente para dispositivos móbiles achega información sobre o Camiño de Santiago e as súas paisaxes, e mesmo "toda a información do Xacobeo foi preparada para a súa consulta desde o móbil".

A versatilidade destes sistemas, que se utilizan para traballos en relación co medio natural, a ordenación do territorio ou a cartografía facilita que se poida "destruír a imaxe de que os xeógrafos só podemos ser docentes, unha vez que traballamos cos sistemas de información xeográfica a xente decátase de que somos moi polivalentes".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS