Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 16.09.2019 Actualizado 18:18
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Realizan cinco pintadas reivindicativas en varias zonas do exterior da Catedral de Santiago

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12/03/2019.- Dous operarios dispóñense a cubrir unha pintada na fachada da catedral de Santiago, co lema
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12/03/2019.- Dous operarios dispóñense a cubrir unha pintada na fachada da catedral de Santiago, co lema "eu non saín da túa costela, ti saíches da miña cona", que apareceu esta mañá, na praza do Obraodiro. - FOTO: EFE/Xoan Rei

SANTIAGO. EP  | 12.03.2019 
A- A+

A Catedral de Santiago de Compostela amenceu na mañá deste martes con cinco pintadas reivindicativas en distintas zonas das súas fachadas, nas que se poden ler mensaxes como 'Eu non saín da túa costela, ti saíches da miña cona!'.

En concreto, a pintada na que aparece esta frase foi realizada na parte baixa das escaleiras que dan acceso á basílica desde a Praza do Obradoiro, que xa foi tapada cun manto branco.

Pola súa banda, as catro restantes sitúanse na zona do Arco de Palacio e nelas aparecen mensaxes como 'Guillotina, Borbón', 'Gritaremos até quedarnos sen Vox', 'Non nos pararán' e 'Machitos', estas dúas últimas acompañadas co símbolo feminino debuxado en forma mira dunha arma.

Despois da aparición destas pintadas, o Concello de Santiago condenou a través das redes sociais esta "nova agresión ao patrimonio" e informou de que xa se puxo a disposición da Catedral para colaborar en todo o que sexa necesario.

"As pintadas serán analizadas por expertos para determinar o modo de eliminalas", explica o Consistorio compostelán a través do seu perfil de 'Twitter'.

Estas pintadas teñen lugar despois de que en agosto de 2018 unha escultura do século XII da fachada románica de Praterías sufrise outro acto vandálico cunha pintada coa palabra Kiss escrita en azul e uns bigotes a emulación dun dos membros deste grupo de rock.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS