Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 01.39
A tixeira dos recortes empeza polo ensino, de momento nas escolas e institutos. Os mestres e profesores protestan, os pais calan. Coido que é unha mala decisión. Non se trata de que teñan mais ou menos horas de clases, que semella que non cumplen coas suas obrigas, cando van ter a mesma xornada laboral.
O que está en xogo é a calidade da formación do porvir. Eso que nos recordan cando nos falan dos datos do informe Pisa. O problema do ensino é a falla de recoñecemento institucioal. O futuro dun país depende, en moi gran medida, da calidade do ensino. Dar mais ou menos horas pode restar medios de preparación e de adaptación. Pero o que mais perxudica ao coleitivo e lle doe a cadaquen é o desdén púbrico: os alumnos non respectan aos profesores, así que son os primeiros e amosar que non teñen moito interés en aprender. Os pais non acaban de decatarse do papel dos profesores na formación dos fillos, e pensan que os docentes son uns vagos que teñen moitas vacacións e suspenden ou aproban por criterios non academicos. As autoridades dos centros non queren problemas e tampouco respaldan aos seus. Das autoridades políticas non val a pena dicir cousas, pero adoitan medidas que desacreditan mais aos docentes. Trasmiten que traballan pouco, e con ese pretexto ponos aos pes dos cabalos.
Por iso, considero que é unha mensaxe equivocada. Os docentes necesitan respecto da sociedade, respaldo, se queremos un porvir decente. Que traballen o que deban traballar, pero sabendo que son moi importantes na costrucción da sociedade.
