Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

A rede educativa Abalar incorpora as redes sociais

05.02.2012  A terceira versión da plataforma web activarase este luns con novos servizos

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

A terceira versión da plataforma web Espazo Abalar --na que os pais poden facer un seguimento continuado dos resultados académicos e comportamento dos seus fillos-- activarase este luns, 6 de febreiro, con novas funcionalidades e servizos.

Desta forma, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Innovación Tecnolóxica actualizan esta web que contará con novas guías para as familias, docentes e centros educativos, e incorpora as redes sociais para unha mellor funcionalidade.

Así, a nova plataforma terá novas canles 2.0, en servizos como Facebook, Twitter e Youtube, como diferentes formas de seguir o proxecto Abalar.

Outras das novidades do novo espazo son os apartados de experiencias e os blogs temáticos, de forma que o apartado Experiencias Aulas 2.0 preséntase como un espazo onde a comunidade educativa pode compartir as experiencias TIC cos demais usuarios.

Xunto a isto, incorpóranse novas funcionalidades ao servizo de comedores, e ademais da obtención de noticias relativas á vida escolar dos alumnos, os pais poderán xustificar as faltas de asistencia e solicitar citas de titoría en liña.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS