Hemeroteca web
|
RSS
Martes 22.05.2012
| Actualizado 12.06
![]() |
| Fotografía da portada do cartel de Prioridade 1 |
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) inaugura o martes, 21 de febreiro, na delegación da Xunta en Vigo a II Exposición 'Prioridade 1', resultado do II Certame de Fotografía Inclusiva organizado pola entidade.
As fotografías están relacionadas coa temática da pobreza e a exclusión social en Galicia, onde se reflicten aqueles aspectos que a manifestan en calquera das súas vertentes.
O concurso aposta pola imaxe fotográfica como motor de inclusión social, pola súa utilidade á hora de facer visibles as diferentes situacións e busca chamar a atención dos poderes públicos sobre os colectivos máis vulnerables.
