Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 06.12.2019 Actualizado 13:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Reganosa cumprirá "en forma e fondo" con "todo o que os tribunais digan", pero segue "funcionando con normalidade"

Subliña que a sentenza do Supremo "desestima a paralización da terminal" e reivindica a súa labor desde "a responsabilidade"

SANTIAGO. EP  | 19.07.2019 
A- A+

Reganosa cumprirá "en forma e fondo" con "todo o que a Administración e os tribunais digan", pero segue "funcionando con normalidade" e subliña que ten "en vigor todos os permisos necesarios".

Así se pronuncian fontes de Reganosa consultadas por Europa Press sobre a sentenza do Tribunal Supremo que declara nula a exención dun trámite de avaliación de impacto ambiental que concedeu o Goberno de Rajoy en funcións en 2016.

Respecto diso, precisan que o fallo "non anula unha actuación ou autorización" e subliñan que o tribunal "expresamente rexeita a pretensión da parte recorrente de anular a autorización administrativa coa que actualmente opera Reganosa".

Do mesmo xeito, tamén chaman a atención sobre que "desestima a súa petición de ordenar a paralización da terminal e a derriba das instalacións".

Neste escenario, Reganosa reivindica a súa labor desde "a responsabilidade que supón desenvolver unha actividade regulada de interese xeral e fundamental para a seguridade da subministración do sistema gasista".

E engade que esta sentenza "non anula unha actuación ou autorización de Reganosa, senón que considera que 'non nos atopamos cun remedio de urxencia co que atender unha situación extraordinaria e de imposible previsión".

"NON AFECTA O TRANSPORTE"
Por iso, conclúe que o Supremo "non se pronuncia sobre a autorización en si, senón sobre un acordo do Goberno que forma parte do expediente de autorización".

"Non afecta de ningunha maneira á certificación de TSO (xestores da rede de transporte) de Reganosa nin ás súas actividades de I+D nin ao seu negocio de transporte", resolve. "O fallo unicamente concierne a un dos activos que controla o grupo enerxético", finaliza.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS