Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O reitor da USC avoga por revisar as probas de acceso á universidade para "non esaxerar" a especialización

SANTIAGO. EP  | 13.11.2017 
A- A+

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño, avogou por "revisar" as probas de acceso á universidade para "non esaxerar" a especialización ao suxerir que limitan as posibilidades do alumnado.

"É importante non esaxerar a especialización dos estudantes", manifestou nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que se mostrou partidario de que os alumnos poidan elixir os estudos na universidade sen chegar a ela tan "encasillados".

Na súa intervención o reitor tamén se referiu ao novo mapa de titulacións do Sistema Univeristario Galego (SUG), que ve como un "acordo que marca un cambio na forma de relacionarse as universidades e o Goberno galego.

Con todo, recoñeceu que este pacto non evitará que exista un debate sobre posibles duplicacións no sistema. Na súa opinión, hai "un marco colaborativo" para abordar esas duplicidades, que é "o máis interesante para o país". "Evidentemente, algunha discusión e algunha diferenza de criterio sempre haberá", sinalou.

REXEITA REDUCIÓNS DE PERSOAL

O que si rexeitou é que a retirada dos graos con baixa demanda provoquen retoques no cadro de persoal docente. "En ningún caso", deixou claro para argumentar que "os graos que se retiran son graos que teñen unha baixa demanda desde hai anos".

Así, lembrou que no caso da USC se concentran no Campus de Lugo. "Cumprimos coa responsabilidade retirándoos pero como esas titulacións van ser substituídas por outras, nunca se verá afectado o cadro de persoal", indicou.

Ante as eleccións a reitor que en breve afrontará a Universidade de Santiago de Compostela (USC), Viaño asegurou que aínda non tomou a decisión "definitiva" e aprazouna para máis adiante en "os próximos meses". Con todo, admitiu verse "animado" para dar o paso.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS