Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 16.10.2017 Actualizado 13:18
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

RECONSTITUCIÓN NA CIDADE DA CULTURA

Renace a Fundación dos Premios da Crítica, cunha xunta máis plural e feminina

Os novos membros decidirán o día 26 de agosto os nomes dos integrantes do xurado dos galardóns e o Galego Egrexio deste ano.

Os integrantes da nova xunta directiva da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, onte na Cidade da Cultura - FOTO: FERNANDO BLANCO
Os integrantes da nova xunta directiva da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, onte na Cidade da Cultura - FOTO: FERNANDO BLANCO

SANTIAGO. OLALLA TUÑAS  | 05.08.2011 
A- A+

Tras un breve periodo de inestabilidade no seo dos Premios da Crítica Galicia, a Cidade da Cultura foi o lugar escollido para a presentación da nova xunta da Fundación, que os xestionará coa presentación de dezaseis integrantes de varios eidos sociais e culturais. Despois da problemática que causou o aprazamento da entrega dos galardóns de maio a outubro, o novo equipo pretende transmitirlle á sociedade galega a mensaxe de que "a actividade do colectivo continúa".

Na reunión, que durou dúas horas e media, estiveron todos os membros da nova xunta. O presidente da fundación seguirá sendo Bieito Ledo e o vicepresidente o pintor Antón Pulido. Así mesmo, o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, terá o cargo de secretario, mentres que o tradutor Xavier Senín será o vicesecretario da fundación xunto co escritor Anxo Rajó, que ostentará o cargo de tesoureiro. As vocalías ocúpanas o director da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, o antropólogo e escritor, Marcos Lorenzo e as poetas María do Cebreiro e Inma López Silva. O resto dos vocais son a actriz, guionista e directora, Comba Campoy, o catedrático Anxo Tarrío, a doutora de Teoría Literaria María López Sández, o pintor Antón Sobral, o xornalista Ernesto Sánchez Pombo, a profesora Blanca Roig e a coordinadora de Ediciós do Castro, Charo Portela.

"Seis das dezaseis persoas son mulleres", subliña o presidente da fundación, Bieito Ledo, quen afirma que coa súa escolla quixeron "contribuír ao cambio xeracional do rol social" sobre todo porque "elas pertencen ao sector máis novo da xunta". Ledo destaca que entre os escollidos hai xente de todas as idades, dende "a vella garda", onde se inclúe a el mesmo, a xente moi nova coma a escritora Inma López Silva. "Queriamos agrupar a xente que reflectira que somos unha sociedade con futuro" afirma Ledo quen subliña que con esa decisión agarda que, cando menos, "os premios da crítica duren outros 34 anos máis", facendo referencia aos anos que se levan outorgando.

No tocante ao aprazamento a outubro desta edición dos galardóns da crítica, o actual presidente da fundación destaca que "o ano próximo, no que se cumpre o 35 aniversario dos primeiros premios, volverán ser no mes de maio". Por outra banda, Ledo subliña que a cerimonia de entrega celebrarase outra volta en Vigo. Con todo a data está por determinar e decidirase o día 26 de agosto nunha segunda reunión dos membros da xunta. Nesta data tamén se vai difundir o nome dos integrantes do xurado e o Galego Egrexio deste ano. Tamén queda pendente un posible aumento do número de galardóns

NO GAIÁS Os integrantes da nova xunta directiva da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, onte na Cidade da Cultura. Foto: Fernando Blanco

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS