Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 18.11.2019 Actualizado 14:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

'Galicia a todo tren'

Renfe pon en marcha trens por rutas temáticas de Galicia

SANTIAGO. EP  | 28.05.2015 
A- A+

Renfe iniciou a venda de billetes para viaxar en trens turísticos que a operadora, en colaboración con Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), vai poñer en marcha o próximo verán no contexto do programa 'Galicia a todo tren'.

Propóñense os seguintes itinerarios: a ruta dos faros, a dos pazos e xardíns históricos, a do viño Ribeira Sacra, a do Ribeiro-Rías Baixas, a de Monterrei e a de Valdeorras-Ribeira Sacra.

Tamén forma parte deste programa o 'Tren do peregrino', un trenhotel que realizará catro saídas entre Madrid e Santiago durante o mes de agosto e os billetes do cal se poden adquirir así mesmo nas diversas canles de Renfe.

Estas son as principais novidades que a operadora recolle este ano na súa oferta de trens turísticos para Galicia, que se completa cunha saída do Al Andalus polo Camiño de Santiago e as que ao longo da tempada realizan as dúas composicións do Transcantábrico.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS