Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 22.07.2017 Actualizado 12:42
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Representantes dos CPIs Monte Caxado e Emilio Navasqüés, "ofendidos" pola comparecencia de Rodríguez

SANTIAGO. EP  | 11.07.2017 
A- A+

Unha representación de nais e profesoras dos centros Monte Caxado e Emilio Navasqües, das Pontes e Outes, mostráronse "ofendidos" tras a comparecencia do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acusando o seu departamento de tomar esta decisión sen consultar coa comunidade educativa.

En declaracións aos medios, a profesora Sara Álvarez, do centro das Pontes, reiterou que o CPI "extínguese", trasladado insatisfacción polas explicacións do conselleiro do ramo, que "insiste" en que non existe un peche".

"Pero non é verdade", matizou, insistindo en que "non se puxeron en contacto" cos docentes dos centros afectados pola reordenación para estudar os pasos a seguir. "As familias están tan enfadadas porque non se contou con elas", reiterou.

Nesta liña, Yolanda, unha nai do centro de Outes, e Esperanza, representante da ANPA, aclararon que "ninguén quixo falar" cos representantes dos pais, nin sequera o concello, como si defendeu o deputado popular López Crespo durante o pleno.

"Por iso estamos tan enfadadas", insistiron, matizando que o propio conselleiro proporcionou datos "erróneos" sobre o número de alumnos do Emilio Navasqüés durante a súa comparecencia parlamentaria este mesmo martes.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS