Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A reserva de auga continúa a súa caída en Galicia e queda preto de baixar do 40%

A auga embalsada en Miño-Sil e Galicia Costa é un 29% e un 28% menos, respectivamente, que a media da última década

SANTIAGO. EP  | 14.11.2017 
A- A+

A reserva hidráulica en Galicia continúa a súa caída na última semana e queda preto de baixar do 40% no conxunto de encoros de Miño-Sil e Galicia-Costa.

Segundo datos feitos públicos este martes polo Ministerio de Medio Ambiente, as reservas nos encoros galegos atópanse ao 40,65% no seu conxunto, máis dun punto por baixo do 41,85% da semana anterior.

En concreto, a auga nos encoros de Miño-Sil descende xa até o 38,6% da súa capacidade, fronte ao 39,3% da semana anterior, após perder 19 hectómetros cúbicos en sete días até quedar en 1.171.

Á hora de analizar a seca en Miño-Sil basta con ver que supón un 21,3% menos que as reservas da mesma semana de 2016, así como un 29% por baixo da media da última década (é de 1.655 hectómetros cúbicos).

Pola súa banda, Galicia Costa atópase ao 42,7% da súa capacidade, con 292 hectómetros cúbicos (eran 304 sete días antes) polo que descende case dous puntos fronte ao 44,4% da semana do 7 de novembro.

En Galicia Costa a auga embalsada é un 15% menos que na mesma data de 2016, así como un 28,3% inferior á media da última década.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS