Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 23.04.2019 Actualizado 20:25
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A responsable de Igualdade da Xunta contradí a Casado e apoia a actual lei do aborto

Susana López Abella (á dereita), nunha imaxe de arquivo - FOTO: EP
Susana López Abella (á dereita), nunha imaxe de arquivo - FOTO: EP

OURENSE. EP  | 08.02.2019 
A- A+

A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, discrepou da opinión do presidente do PP, Pablo Casado, sobre a lei do aborto ao apoiar que o actual marco lexislativo de prazos, aprobado en 2010, é "adecuado".

Mentres que Pablo Casado mostrouse partidario de derrogar a actual normativa de prazos e volver á de supostos aprobada en 1985 polo Goberno de Felipe González, a alto cargo do Goberno de Alberto Núñez Feijóo defendeu que "a situación legal actual da Lei do Aborto é adecuada".

"Cada persona ten que tomar a súa decisión, é dona do seu corpo, e tamén hai que respectar ás persoas, tomen a decisión que tomen", respondeu López Abella a preguntas dos xornalistas durante un acto en Ourense para explicar as axudas e subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade.

Na súa opinión, a lexislación do aborto e a baixa natalidade non se poden vincular. "Nada ten que ver unha cousa coa outra", proclamou. Con todo, o presidente do seu partido dixera: "Se queremos financiar as pensións e a saúde debemos pensar en como ter máis nenos e non en como os abortamos".

"Esas declaracións non as escoitei", admitiu López Abella, quen xulgou que, "a nivel estatal", existe unha lexislación "aceptable e mesmo recoñecida a nivel internacional" no "ámbito en cuestión" (o aborto), do mesmo xeito que "no ámbito da Lei Integral contra a Violencia de Xénero", que "se vai a modificar para mellorar e foi un acordo do Pacto de Estado".

A lei de 1985 despenalizou o aborto nos supostos de violación, risco para a saúde física e psíquica da nai e malformación no feto, mentres que a de 2010, en vigor, permite o aborto libre nas 14 primeiras semanas de xestación.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS