Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

O SAL DA TERRA

Restaurar a honra

30.01.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

JOAQUIM VENTURA

Se os camiños do Señor son inescrutables, non digamos xa os da Xustiza. E iso está a suceder co desenlace do xuízo contra Francisco Camps e Ricardo Costa polo asunto dos traxes, supostamente pagados por alguén vencellado á chamada “trama Gürtel”. Agora o pero é a deficiente ortografía coa que foi redactado o acordo do xurado popular, como se o criterio dependese do nivel de instrución. Por suposto que depende pero ou a lei do xurado abre a participación a calquer cidadán –coas restricións lóxicas para evitar contaminar- ou daquela deixamos as decisións exclusivamente ne mans dos profesionais, dos xuíces.

Con todo, se ao parecer do xurado non había elementos probatorios dabondo, goste ou non goste, non podían acordar a culpabilidade. E iso foi o que decidiron por un voto, declarar a non culpabilidade. Pero, coidado, dirixentes do PP, imputados ou non: non culpable –expresión que coñecemos das series e películas norteamericanas- non equivale a inocente. Simplemente sinifica que non hai elementos suficientes para condenar, non absolver.

Agora algúns claman pola restauración da honra dos procesados. Que honra? Camps e Costa seguen a resultar incómodos para o PP. Máis aínda: son máis incómodos que nunca para o goberno de Rajoy, empeñado nunha política de dereita lixeira que cabería cualificar de socialdemócrata. Incómodos porque a sentencia dos traxes non os exculpa doutras responsabilidades, pendentes de enxuizar, como son os supostos pagos a Orange Market ou ao Instituto Noos, asunto derivado do caso Palma Arena balear.

E incómodos porque Camps -como presidente da Generalitat- e Costa –como secretario xeral do PP valencián- foron os principais responsables da política de incontinencia no gasto que deixou as arcas públicas valencianas en situación de quebra (Fórmula 1, proxecto de Calatrava, sobreprezo da Ciutat de les Arts i de les Ciències e do Palau de la Música) e da perda do sector financeiro rexional (CAM, Bancaixa, Banco de Valencia).

E incómodos porque non hai quen restaure una honra dilapidada por eles mesmos grazas a certas amizades (da alma), ás que pedían caviar (non hai tendas delicatessen en Valencia?) e das que aceptaban galanos aínda que fosen “pasándose vinte vilas” ou agarimos do tamaño dun ovo.

Unha incomodidade que lles cómpre resolver porque, de non poder facelo, sempre habería o risco de que alguén botase pola rúa do medio se, chegado o caso, tivese a tentación de morrer matando e destapase todo o asunto, co cal as complicidades non rematarían en Valencia senón que ben poderían chegar á rúa Génova.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS