Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.09.2017 Actualizado 19:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O Resurrection Fest de Viveiro celebrarase do 11 ao 14 de xullo en 2018

O vindeiro martes 19 sairán á venda os primeiros abonos do festival rock

SANTIAGO. EP  | 12.09.2017 
A- A+

O Resurrection Fest Estrella Galicia 2018 celebrarase os días 11, 12, 13 e 14 de xullo en Viveiro (Lugo). Ademais, o vindeiro martes 19 sairán á venda os primeiros abonos do festival.

En concreto, a organización deste evento, que cada ano se desenvolve na localidade costeira de Viveiro, sinala que dentro dunha semana poderán adquirirse os primeiros abonos do festival de tres días, de catro, e as 'Pandemonium' (VIP) de tres e catro días.

Os dous últimos anos esgotáronse este tres opcións e os organizadores esperan que volva ser así nesta ocasión, polo que recomenda estar atentos a todos aqueles interesados en aproveitar a primeira oferta a prezo reducido.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS