Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.09.2019 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

'Lecturas'

A revista 'Murguía', da Asociación Galega de Historiadores, ofrecerá contidos de descarga libre por Internet

No seu último número permite o acceso á sección 'Lecturas', que este mes analiza as obras clave sobre o anarquismo galego

SANTIAGO. EP  | 28.01.2015 
A- A+

'Murguía', a revista que edita a Asociación Galega de Historiadores, ofrecerá aos internautas a posibilidade de descargar gratis a sección 'Lecturas', na que se salientan as últimas publicacións e ensaios históricos elaborados por autores galegos.

No seu último número permite o acceso 'on line' á sección 'Lecturas', na que analiza obras clave sobre o anarquismo ibérico e prevé incorporar en breve no seu web outros contidos.

Os responsables da revista anunciaron que nos próximos meses engadirán novos contidos gratuítos coa finalidade de abrir a súa difusión ante un público máis amplo e espertar o interese dos internautas pola historia de Galicia.

Prudencio Viveiro Mogo, Gustavo Hermella e Antón Santos comentan diversas obras clave que rastrexan a presenza dos movementos anarquistas galegos na Compostela republicana, o exilio e a emigración a Portugal e o fan revisando textos históricos, así como biografías e libros de memorias de Federica Montseny, Juana Rouco, Antonio Loredo e José Pasín Romero.

INVESTIGACIÓN

Entre as investigacións que recolle 'Murguía' no seu número de xaneiro de 2015 destácanse a 'Exposición Rexional de 1909', por Margarida Barral, un traballo sobre o movemento obreiro socialista en Lugo.

A última entrega de 'Murguía' recolle, ademais, na súa sección 'Fontes' unha rememoración do consello de Galicia, a través da análise da súa acta fundacional, un traballo de investigación de Xosé Manuel Malheiro sobre as iniciativas educativas da II República.

Entre os temas que se inclúen nesta última entrega hai unha entrevista con Emilio Grandío Seoane, profesor de Historia Contemporánea da USC, sobre as súas investigacións acerca da represión franquista en Galicia e a II Guerra Mundial.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS