Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 12.12.2018 Actualizado 13:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Rexistrado un sismo de 3,5 graos na escala de Richter no Atlántico fronte a Galicia

SANTIAGO. EP  | 16.04.2018 
A- A+

Na madrugada deste luns rexistrouse un sismo de 3,5 graos na escala de Richter no Atlántico fronte a Galicia, despois de que o sábado houbese outros dous de menor magnitude en Guntín (Lugo) e O Carballiño (Ourense).

Segundo os rexistros do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), recollidos por Europa Press, ás 3,19 horas deste luns rexistrouse un terremoto de 3,5 graos na escala de Richter no Atlántico a 38 quilómetros de profundidade.

Ademais, en Galicia o pasado sábado 14 de abril ás 1,04 horas houbo un sismo de 2,3 graos na escala de Richter no termo municipal lucense de Guntín.

Mentres, ás 13,59 horas do sábado 14 de abril rexistrouse outro terremoto de 2,1 graos na escala de Richter no municipio ourensán do Carballiño.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS