Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 21:14
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Rey Varela renovará como presidente do PP de Ferrol ao ser o único candidato ao cargo

O congreso que lle permitirá revalidar a súa posición será o 22 de setembro logrando presentar 222 avais

FERROL. EP  | 13.09.2018 
A- A+

O actual presidente do PP de Ferrol, José Manuel Rey Varela, foi o único que presentou a súa candidatura para revalidar o devandito cargo, tras concluír no mediodía deste xoves, ás 14,00 horas, o prazo para a presentación de candidaturas.

O tamén consellerio de Política Social contou ademais co respaldo de 222 avais, de modo que a comisión organizadora do congreso local, fixado para o 22 de setembro, se encargou de validar, ademais de verificar, que a candidatura de Rey Varela tamén reúne todo os requisitos esixidos.

O congreso que ten previsto reelixir no cargo ao que tamén foi alcalde de Ferrol entre os anos 2011 e 2015 realizarase no Hotel Carrís-Almirante, instalacións que tradicionalmente utilizou o PP local nos seus actos tanto de partido como electorais.

Alí poderán votar todos os afiliados, incluídos os de Novas Xeracións (NNGG), que deberán comunicar a súa asistencia tanto á xunta local como á comisión organizadora, que preside José Manuel Vilariño, antes das 20,00 horas do 21 de setembro, mediante a presentación dunha solicitude.

Ao día seguinte, a elección do presidente e a nova xunta directiva realizarase mediante un sistema de voto maioritario e a unha soa volta, onde unha vez finalizada a votación, a mesa proclamará a candidatura gañadora.

EXPERIENCIA
En caso de ser elixido como presidente local, Rey Varela será tamén o candidato á Alcaldía de Ferrol por terceira vez, desexo que fixo público o pasado sábado, 8 de setembro, nun acto realizado ante uns 300 afiliados e simpatizantes.

En 2011, Rey Varela converteuse no primeiro alcalde de Ferrol en lograr unha maioría absoluta, ao conseguir 13 dos 25 concelleiros que compoñen o pleno deste municipio. Con todo, nas eleccións de maio de 2015, só lograba nas urnas 11 edís, sendo a forza máis votada, pero véndose apeado da Alcaldía por un acordo entre Ferrol en Común --con seis edís--, PSOE --con cinco-- e BNG --con dous--.

Disto saíu un goberno bipartito das dúas primeiras formacións que non chegou nin ao ecuador do mandato, após expulsar o alcalde, Jorge Suárez, do seu goberno a tres do cinco concelleiros socialistas, Beatriz Sestayo, Bruno Díaz e Germán Costoya. No equipo permaneceron, como non adscritas, María Fernández Lemos e Rosa Méndez.

A decisión de Rey Varela de presentarse á Alcaldía de Ferrol tamén supón a necesidade dunha remodelación no Goberno da Xunta, xa que nas próximas datas deberá de deixar o seu posto como conselleiro de Política Social, cargo que será ocupado por outro responsable, unha decisión que lle corresponderá tomar ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS