Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

ARDENTÍA

Rianxo: Actos Castelao 2012

03.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MANUEL DOURADO DEIRA

Sospeitei que a xa famosa crise nos levara por diante o ano de Castelao. Pero, non. O concello de Rianxo a través da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística, en colaboración con diversas institucións e entidades, artillou un amplo elenco de actividades no magnífico marco da programación de Actos Castelao 2012 que se desenvolveron ao longo do mes de xaneiro, que, como se sabe e teño reiterado infinidade de veces, é o mes de Castelao. O 30 dese mes de 1886 nace en Rianxo no lugar do Cabo da Vila e o 7 do mesmo mes fina no forzado exilio da Arxentina. E, neste punto, permítanme unha anécdota aclaratoria: Cando, por encargo da Fundación Castelao, realicei unha serie de entrevistas a dona Teresa R. Castealo para escribir o libro Conversas con Teresa Castelao, Anecdotario dun século de vida, estaban presentes dúas persoas que engadiron que Daniel non nacera propiamente no Cabo da Vila, senón no Barrio dos Loureiros nunha “casuchiña pobretona”, como case todas as lugar naquela época, porque a nai, cando celebrou o matrimonio xa ía embazada de Danieliño”. Cousa que irritaba moito a dona Teresa, porque cría que ía en desdouro da figura do seu irmanciño querido. Por iso non me permitiu que tal anécdota figurase no libro de Conversas. Un detalle que hoxe non sería relevante; pero que, daquela, era socialmente mal visto.

Proseguimos cos Actos Castelao 2012. Salientarei os que considero máis importantes daqueles aos que puiden asistir, porque reflectir aquí o elenco completo sería algo noxento. Da exposición de Nuco Losada xa tratei no artigo anterior (28-1-12). Tan só engadir que sorprendeu a moita xente que, pese a ser de Rianxo ou mesmo da comarca da Barbanza non tiñan coñecemento máis o menos directo das figuras exhibidas na citada exposición. Por iso Nuco dixo aquelo de “A arte non se expresa tan só nos libros de literatura; hai outras maneiras tan o máis importantes de crear Arte”. Aludía, entre outras cousas, á hora e media largas que se empregou na presentación dun libro de orixe catalán que se transcribiu ao galgo. Acto cultural interesante sen dúbida; pero quizá non tan oportuno nese momento.

Logo, ás 4 da tarde, celebración da xuntanza do núcleo da Fundación Castelao, á que asistín en parte polo apertado do horario da mañá. O vicepresidente da Fundación, Sr. Seixas, pronunciou unha moi documentada conferencia sobre a personalidade de Castelao través da figura de Paz Andrade (pai). O Cadro Artístico de Airiños volveu a poñer en escena algunhas obras que xa representara noutras datas, como Ata que a morte nos separe. A xente nova, desde neniños ata mozos e axudados por actores veteranos, e baixo o epígrafe de “Castelao, creador de teatro” fixeron un percorrido escénico das principais obras de Castelao, baixo a maxistral dirección de Esther F. Carrodeguas. Algo transcendental porque é unha forma de que os nenos se vaian familiarizando coa figura de Castelao e da súa obra.

O discurso do Alcalde, noutro momento.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Noticias relacionadas

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS