Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 28.07.2016 Actualizado 21:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Roberto Varela, nomeado embaixador de España en Uruguai

Nacido o 22 de marzo de 1959, é licenciado en Filosofía e ingresou en 1990 na Carrera Diplomática

Roberto Varela gozando dun espectáculo de malabarismo en Mos o pasado ano
Roberto Varela gozando dun espectáculo de malabarismo en Mos o pasado ano

SANTIAGO. EP  | 02.03.2012 
A- A+

O Consello de Ministros aprobou este venres o real decreto polo que se designa embaixador de España na República Oriental do Uruguai ao exconselleiro Roberto Varela Fariña.

Nacido o 22 de marzo de 1959, Roberto Varela é Licenciado en Filosofía e ingresou en 1990 na Carreira Diplomática. Foi xefe das áreas de Relacións Económicas con Países Europeos e cos países de Asia e Pacífico.

Foi secretario na Embaixada de España en Alemaña e segundo xefe na Embaixada de España en Kuwait. En 2001, foi nomeado subdirector xeral de Cooperación e Promoción Cultural no Exterior da Axencia Española de Cooperación Internacional e, posteriormente, cónsul adxunto en Nova York.

En 2009, foi nomeado conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta, cargo do que cesou tras a recente remodelación do Goberno galego impulsada polo seu titular, Alberto Núñez Feijóo, na que se unificou Cultura e Educación, situando á fronte da nova consellería ao até entón titular do departamento educativo, Jesús Vázquez.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS