Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 25.09.2018 Actualizado 12:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Rotas as negociacións en Sargadelos e o venres haberá unha asemblea "chave"

Os traballadores votarán sobre a revogación dunha sindicalista e a dirección avisa que "se non se soluciona o conflito péchase a empresa"

SANTIAGO. EP  | 12.09.2018 
A- A+

As negociacións entre representantes dos traballadores da fábrica de Sargadelos en Cervo (Lugo) e a empresa quedaron "rotas", após un intento de mediación por parte do Consello Galego de Relacións Laborais.

Diso informaron a Europa Press fontes da dirección da empresa, que apuntan que "se segue coa folla de ruta" que había antes deste intento de mediación, despois de que Sargadelos anunciase a mediados de agosto a intención de despedir a 49 traballadores (22 despedimentos xa foron executados), mentres baralla a posibilidade do peche da planta lucense.

De tal forma, o venres, 14 de setembro, terá lugar unha xornada "chave" para o futuro da planta de Cervo, xa que ese día celebrarase a asemblea de traballadores (15,00 horas) que fora aprazada para votar sobre a revogación dunha sindicalista de UXT, dado que a dirección e esta delegada manteñen un enfrontamento desde hai tempo.

Na tarde do martes produciuse unha reunión durante horas en Santiago após recibir a empresa o pasado luns un escrito da Xunta para chamar á conciliación. Logo iso, na mañá deste mércores "tentouse" unha nova aproximación pero non se chegou a acordo. De tal forma, "non está previsto" que se retomen as negociacións.

Aínda que "é posible" que se siga adiante cos despedimentos até o total de 49, estas mesmas fontes indican que se prospera en votación a revogación desta sindicalista suporía "un voto de confianza" para a actual dirección e avaliaríanse as medidas a seguir. O que deixan claro por parte de Sargadelos é que "se non se soluciona o conficto péchase a empresa".

Por parte de UXT, nos últimos días denunciáronse "coaccións" do administrador único de Sargadelos, Segismundo García, cun "ataque de modo directo e persoal" cara a unha traballadora, ao "condicionar deixar sen efecto os despedimentos" se "se esixe a dimisión" desta sindicalista.

Todo iso, despois de que o Xulgado do Social de Lugo desestimase a petición de UXT de paralizar os despedimentos anunciados por Sargadelos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS