Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 23.04.2018 Actualizado 13:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ESTUPOR

Rouban o Códice Calixtino, un libro de incalculable valor, da Catedral de Santiago

Expertos da policía investigan o caso, que provocou conmoción nos responsables da basílica

SANTIAGO. A. SEIJO / D. PELÁEZ  | 07.07.2011 
A- A+

Pode ser o roubo do século. Un dos libros máis importantes do mundo acaba de desaparecer do Arquivo da Catedral. O Códice Calixtino, un documento históri­co de incalculable valor, foi roubado na basílica compostela­na. A Policía de toda España está xa advertida e busca desespera­damente ó autor ou autores deste roubo de alcance internacional.
A súa falta descubriuse o martes ás oito e media da tarde. Nese momento, responsables do Arquivo da Catedral informa­ronlle ó deán, José María Díaz, de que o Códice Calixtino non estaba no seu sitio habitual. Nese pri­mer momento de desconcerto todos se puxeron inmediatamen­te rebuscar no resto de ins­tancias, para ver se estaba noutro lugar. Ao redor das 22.00 horas, cando quedou confirmado que o valiosísimo texto non aparecía en ningún lugar, avisaron á Poli­cía, que inmediatamente se per­soou na Catedral.
Os axentes da Sección Cen­tífica estiveron tomando todo tipo de mostras e datos no lu­gar do roubo, buscando pegadas, revisando os discos duros das gravacións das cámaras de seguridade e rexistrando todo o lugar ata as doce da noite. Miráronse detidamente as entradas e saídas de persoas, con ditas cámaras, e onte pola mañá novamente os espe­cialistas da Policía Nacional re­gresaron á Catedral e pasaron varias horas analizando mil e uns datos sobre o terreo.
A conmoción era tremenda entre o restrinxidísimo círculo de persoas que coñecían o no­ticia. De feito, onte pola maña­na o propio deán reuniuse co Cabildo da Catedral e lles in­formou persoalmente do roubo, e fíxoo tamén co arcebispo, monseñor Julián Barrio.
Os especialistas cren que o autor ou autores do roubo son per­sonas que, evidentemente, saben o que vale esta xoia bibliográfica coñecida en todo o mundo. Sa­ben o valor que pode ter no mercado negro. Sospéitase, xa que logo, que debería tratarse dunha banda organizada que inclu­so podería actuar por encargo dalgún coleccionista caprichoso e sen ningún tipo de escrúpulos.
En todo caso, a preocupación no Cabildo e no Arcebispado é tremenda, como pode ima­xinarse, e todos eles están deas­concertados e afundidos pola perda do Códice Calixtino.

A primeira pregunta que xorde tras coñecerse o roubo fai referencia ás medidas de seguridade que tiña un libro desta importan­cia. Fontes del Cabildo apuntan que o roubo puido producirse o domingo por la tarde. A realidade é que nos últimos anos, desde que José María Díaz é deán da Catedral, melloraron sensi­blemente estes sistemas de segu­ridade. De feito, considerábanse idóneos para protexer un docu­mento deste tipo. Sen embargo é certo que non están ó nivel do que un pode atoparse nun gran banco ou nunha xoiería de alta seguridade. O orixinal en­contrábase no Arquivo da Ca­tedral, nunha cámara blindada, mentres que existe ademais unha réplica exacta, coa que traba­jan todos os especialistas acre­ditados para tal fin, que tamén poden ver os visitantes do Mu­seo da Catedral.
Na zona do Arquivo onde estaba gardado existe un siste­ma de alarmas e contraincendios, instalado todo iso na etapa do actual deán. Pero a realidade é que non rexistra todos os move­mentos nas distintas estan­zas. Ademais, hai cinco cámaras de seguridade situadas noutras tantas esquinas, pero ningunha delas, lamentablemente, enfo­caban ó propio Códice Calixtino. As investigacións exten­déronse xa por toda España.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS