Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.12.2018 Actualizado 20:51
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

EN ARZÚA

Este sábado entréganse os Premios Modesto R. Figueiredo en Arzúa

Os galardoados son Ariadna Fernández González polo seu relato 'Secuestro', Lionel Rexes Martínez por 'O tempo dos pexegos' e Xerardo Vidal polo seu 'Vilaquinte'

18.01.2018 
A- A+

A Fundación do Pedrón de Ouro en colaboración co Concello de Arzúa celebrará o próximo sábado 20 de xaneiro ás 12 do mediodía na capela da Madanela de Arzúa o acto de entrega dos Premios de Narración Breve Modesto Rodríguez Figueiredo.

Coa deste ano o premio Modesto R. Figueiredo acada a 43 edición, que converten o Figueiredo no premio literario máis vedraño de Galicia e o único dedicado a potenciar os relatos curtos.

Tal é o prestixio acadado que moitos críticos literarios agrupan aos autores galardoados baixo o carimbo de Xeración do Pedrón de Ouro. Talvez sexa excesiva esta etiqueta, pero do que no hai dúbida é de que o conxunto dos seus relatos compendian as tendencias temáticas e estilísticas da narrativa galega destes últimos 40 anos.

A través dos seus 42 anos de historia foron distinguidos máis de 100 autores, case todos noveis que logo desenvolveron unha exitosa carreira literaria: Xoán Ignacio Taibo, Tucho Calvo, Suárez Abel, Darío Xoán Cabana, Suso de Toro, , Ramiro Fonte, Ánxeles Sumai, Bieito Iglesias, Rosa Aneiros…

Os autores premiados nesta edición son Ariadna Fernández González polo seu relato Secuestro, Lionel Rexes Martínez por O tempo dos pexegos e a Xerardo Vidal polo seu Vilaquinte.

O mantedor literario no acto de entrega deste sábado será o cantautor e poeta Baldomero Iglesias e actuará o concertista Iván Fernández Soto, profesor de piano do Conservatorio de Música de Arzúa.

 

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS