Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Sánchez Izquierdo advirte do "excesivo" peso do gasto da CRTVG en persoal

22.02.2012  Cuatifícao en "preto do 50%", que hai que resolver // A CRTVG saneou a súa débeda nun 88 por cento en tres anos ao situarse en 3,6 millóns

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

A Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) saneou a súa débeda nos últimos tres anos nun 88 por cento ao pasar de 28 millóns a 3,6 millóns de euros entre 2008 e 2011, tal e como comunicou este mércores o director xeral da compañía, Alfonso Sánchez Izquierdo.

"É unha empresa sen débeda", proclamou o director da compañía na Comisión de control da CRTVG en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do PPdeG Agustín Baamonde, na que comezou advertindo que "non todas as televisións públicas "son iguais".

Sánchez Izquierdo subliñou que, nos últimos anos, a compañía traballou para conseguir o "equilibrio presupostario" e no "saneamento" da compañía. Así as cousas, a débeda pasou de alcanzar un valor de 32,3 millóns de euros no ano 2008 a 3,6 millóns de euros ao peche do exercicio 2011.

"Estes tres millóns nunha empresa con 118 millóns, significa que estamos nos básicos para operacións correntes de financiamento dos pagamentos ordinarios do ente público, ou dito doutro xeito, significan que na práctica a política de endebedamento é agora inexistente na CRTVG", expuxo o director xeral.

Nesta liña, considerou que a CRTVG se atopa "nas mellores condicións crediticias" para abordar a súa transformación societaria cara á nova corporación, tal e como establece a lei aprobada no Parlamento galego no anterior período de sesións.

Durante a súa intervención, Sánchez Izquierdo tamén indicou que o custo por habitante da compañía é de 35,9 euros ao ano, dos cales 3,3 euros se corresponden coa radio en 2012. "Estamos na franxa máis baixa das televisións públicas europeas", engadiu.

"EXCEPCIÓN" E "FACTIBLE"

Ante as cifras achegadas polo director xeral, o deputado popular Agustín Baamonde celebrou que a CRTVG sexa un "ente saneado", o que, ao seu xuízo, permite asegurar "a transición" no novo marco legal.

Así mesmo, cualificou a situación do ente galego de "excepcional" no marco do debate sobre a "dilapidación" das televisións públicas autonómicas, e considera que a situación de redución da débeda fai "factible" que o ente siga sendo "público" e continúe o seu labor de consolidación da lingua e cultura galegas.

PREOCUPACIÓN FUTURA

Con todo, Sánchez Izquierdo alertou de que a "boa saúde" das finanzas do ente público "non deben conducir a engano" e advertiu, neste sentido, de que "non hai que esquecer os problemas de fondo".

Concretamente, referiuse a que hai que resolver o "excesivo peso" que ten nas contas da CRTVG o "gasto de persoal, que cada vez está máis preto do 50 por cento" das contas.

"Cifra que evidentemente é inadmisible no tempo", avisou o director xeral da compañía, quen sinalou que este ano o gasto en persoal supón o 47,9 por cento dos presupostos da compañía.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS