Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 20.05.2019 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Sánchez pide castigar nas urnas a PP e Ciudadanos por non facer fronte á ultradereita

VIGO, 16/04/2019.- El presidente del Gobierno y candidato por el PSOE a la reelección, Pedro Sánchez (c), acompañado por el líder del PSdeG, Gonzalo Caballero (d) y el alcalde de Vigo, Abel Caballero (i), durante el mitin del PSOE en Vigo.  - FOTO: EFE/ Salvador Sas
VIGO, 16/04/2019.- El presidente del Gobierno y candidato por el PSOE a la reelección, Pedro Sánchez (c), acompañado por el líder del PSdeG, Gonzalo Caballero (d) y el alcalde de Vigo, Abel Caballero (i), durante el mitin del PSOE en Vigo. - FOTO: EFE/ Salvador Sas

VIGO. EP  | 17.04.2019 
A- A+

O presidente do Goberno e candidato do PSOE á reelección, Pedro Sánchez, pediu este martes un "reproche" nas urnas a PP e Ciudadanos por non ser "valentes" e non rebater con argumentos as posicións máis extremas da "ultradereita" de Vox. "Que non tivesen principios para dicir á ultradereita, por aí non!", censurou.

Nun mitin en Vigo ante unhas 2.000 persoas, segundo datos da organización (incluídas unhas 400 persoas que o seguiron por unha pantalla desde o exterior do Auditorio Mar de Vigo ao completarse o aforamento), Sánchez sinalou que cando escoita á dereita "que quere reconquistar España", el responde: "Nós a esperanza, a ilusión e o futuro dos españois".

A dereita que representan PP, Ciudadanos e Vox e que Pedro Sánchez constantemente presenta como un bloque homoxéneo só trae "recortes e desigualdade, corrupción e confrontación territorial", advertiu, mentres que o PSOE usa a política como un instrumento "útil" en aras do interese xeral, aprobando medidas como o aumento da prestación por fillo a cargo para familias pobres ou o aumento a 900 euros do Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

Sánchez lembrou como a dereita advertía das consecuencias negativas que tería para a creación de emprego a subida do SMI. "Dicía que ía ser un desastre, que ía destruír emprego e estamos en 19 millóns de afiliados á Seguridade Social", a cifra máis alta desde agosto de 2008, antes de que estalase en España a crise económica.

EFE/ Brais Lorenzo
OURENSE, 16/04/2019.- El presidente del Gobierno y candidato por el PSOE a la reelección, Pedro Sánchez (c), el secretario general del partido en Galicia, Gonzalo Caballero (i), y la candidata al Congreso por Ourense, Marina Ortega (d), entre otros, durante la comida-mitin celebrada hoy en el recinto ferial de Expourense.
FOTO: EFE/ Brais Lorenzo

A DEREITA, RABIOSA
Como tamén subiu o número de mozos afiliados, os contratos indefinidos e de mulleres, que está en "máximos históricos". Ao seu xuízo, se a dereita se mostra "tan rabiosa" é porque os socialistas están "a demostrar que se pode crecer con xustiza social".

Do mesmo xeito que fixese horas antes desde Ourense, Sánchez advertiu de que o próximo 28 de abril "a fronteira entre avanzar ou retroceder" pode ser de "un voto" e lembrou o ocorrido en Finlandia, onde as enquisas empezaron situando á ultradereita en quinto ou cuarto lugar, e acabou segunda, a tan só 6.000 votos de distancia dos socialdemocrátas.

Pero ao mesmo tempo que lanzaba esta mensaxe para que ninguén se confíe e haxa unha gran mobilización nas urnas que agrupe o voto progresista en torno ao PSOE, daba ánimos aos galegos sinalando que nesta Comunidade Autónoma, están moi preto de ser primeira forza por diante do PP.

Sánchez presentou ao PSOE como o "valladar" que impedirá que a dereita ataque o sistema público de pensións ou plantexe retrocesos nos dereitos das mulleres. E é que para o líder do PSOE lembrar as imaxes de miles de persoas manifestándose nas rúas o 8 de marzo pola igualdade entre homes e mulleres evócalle dúas palabras na súa mente: "Viva España!".

No exterior do auditorio onde falaba Sánchez congregáronse uns 100 traballadores da empresa madeireira Ence para protestar polo temor de que esta compañía bote o peche, despois de que o Executivo de Sánchez non secundase a decisión do Goberno de Rajoy sobre a concesión dunha prórroga que permitiría que as instalacións que a empresa ten na ría de Pontevedra puidesen continuar outros 75 anos.

No entanto, os seus berros de protesta foron acalados polos militantes e simpatizantes do PSOE que seguían o mitin de Sánchez e que eran máis numerosas, pois roldaban as 400 persoas.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS