Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 23.10.2014  | Actualizado 00.56

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Sanidad traballa coas autonomías no copago de receitas segundo renda

O titular da Xunta rexeita o copagamento na asistencia sanitaria

SANTIAGO. EP  | 15.03.2012 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o Ministerio de Sanidade xa chamou aos responsables autonómicos do ramo, que se produciron "reunións", e que se está a traballar para articular un sistema que deixe "blindada" a gratuidad da sanidade e que "avance" nun modelo "máis equitativo" da prestación farmacéutica.

Confirmouno nunha entrevista coa Cadea SER, recollida por Europa Press, tras ser preguntado polo copagamento e pola aplicación da taxa por receita en Cataluña. Ao respecto, rexeitou "demagoxias" e advertiu de que, cando un presidente da este paso, "non é porque lle guste", senón porque "probablemente a súa situación lle impide facer outra cousa que non sexa pedir un esforzo aos cidadáns".

Por iso, rexeitou "criminalizar" a un presidente autonómico que pide "un esforzo" deste tipo para "manter o servizo de saúde" e constatou que, este tipo de críticas, proceden menos aínda por parte "de quen deixou o sistema sanitario cunha débeda que supera os 15.000 millóns de euros".

"Se evitamos o copagamento estrito en asistencia sanitaria, é dicir, pagar por unha intervención cirúrxica ou por unha proba diagnóstica, me parece que, en época de crise, faremos un bo traballo", defendeu, antes de recordar que en Portugal "se paga 20 euros" por urxencia", e defender un novo sistema de prestación farmacéutica.

"O COPAGAMENTO XA EXISTE EN FARMACIA"

Ao fío desta afirmación, recordou que o copagamento "xa existe en farmacia" e alegou que é "preferible" a outras accións articular unha nova prestación farmacéutica "na que teña moito que ver a renda dos cidadáns" e "a solidariedade" que se lles pide "aos propietarios do sistema" para poder mantelo.

Dito isto, sinalou que o debate da progresividade lle parece "absolutamente razoable". De feito, manifestou que este asunto debería abordarse na próxima conferencia de presidentes e avanzou que o ministerio xa falou cos responsables autonómicos para avanzar nun novo sistema que permita "blindar" a sanidade pública.

Por último, o presidente sinalou que hai que buscar "todas as eficiencias" e esgrimiu que en Galicia se traballa "nesta idea" dende que tomou as rendas da Xunta hai tres anos. A xeito de exemplo, referiuse ao catálogo priorizado de fármacos, que permitiu un importante aforro de gasto farmacéutico.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS