Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 12.15

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

sensibilización

Santiago acollerá unha xornada de 'Intifada Cultural' para "combater a represión" en Palestina

SANTIAGO. EP  | 05.07.2012 
A- A+

Diferentes artistas galegos e internacionais participarán nunha xornada de sensibilización coa causa palestina á que denominaron como 'Intifada Cultural'. A artista Najla Shami e a xornalista Iara M. Búa, apoiadas pola Fundación Araguaney, son as organizadoras deste evento, que ten como obxectivo denunciar o secuestro de Nabil Al Raee, director artístico de The Freedom Theatre.

O acto terá lugar este xoves a partir das 20.00 horas no Hotel Araguaney de Santiago de Compostela, e contará coa presenza de artistas como Yolanda Castaño, Xoán Curiel, Xurxo Nóvoa ou Uxía. No hotel compostelano haberá actividades tales como música, debate ou unha exposición de fotografías centrada no papel das mulleres palestinas cedida por Pallasos en Rebeldía.

Unha das promotoras do evento, Iara M. Búa, foi testemuña directa da detención de Nabil Al Raee, director artístico de The Freedom Theatre, compañía de teatro palestina situada no campo de refuxiados de Jenin. A detención de Al Raee foi xustificada polas autoridades israelís como parte da investigación do asasinato do cineasta israelí Juliano Mer, exdirector de The Freedom Theater quen foi tiroteado ás portas das instalacións da compañía.

Búa acusou de "auténtico pesadelo" a situación dos mozos que participan en The Freedom Theatre. "É o único lugar onde se poden sentir libres", declarou a xornalista, para logo engadir que "se está a infundir medo para evitar que os pais manden aos seus fillos ao campamento".

Os organizadores coincidiron en que a cultura constitúe unha "arma reivindicativa" e trátase do "único camiño para atopar solucións" ao conflito palestino. "Calquera atentado contra a cultura palestina é un atentado contra o propio país" sinalou, o responsable desta iniciativa por parte da Fundación Araguaney Ghaleb Jaber Martínez.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS