Hemeroteca web
|
RSS
Venres 24.05.2013
| Actualizado 12.57
Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo son tres das capitais do Estado con mellores índices de sustentabilidade e aforro enerxético, segundo o estudo '25 Cidades Españolas Sustentables' elaborado por Análises e Investigación, co patrocinio de Siemens, e verificado por KPMG, que se presentou este venres.
En concreto, Compostela é a segunda cidade con maior eficiencia no consumo de enerxía de España, mentres que A Coruña e Vigo colócanse nos primeiros lugares da clasificación en calidade do aire e o seu consumo eléctrico é relativamente baixo.
Segundo explica Siemens, a través dun comunicado, o Concello de Santiago de Compostela "está a dar os primeiros pasos" para a racionalización das súas instalacións mediante o estudo da viabilidade do uso de enerxías alternativas.
Esta cuestión, unida ao baixo consumo enerxético nas zonas residenciais --25,4 GJ/m2, menor que a media total-- converte á capital galega nunha das máis eficientes no Estado.
En detalle, segundo os datos achegados as emisións de dióxido de carbono per cápita, tanto en Santiago de Compostela, como na Coruña e Vigo son de 11,5 Tm.
MADRID, A PRIMEIRA
Na clasificación global, Madrid alzouse coa primeira posición dentro das 25 cidades estudadas, seguida de Vitoria e Bilbao. O informe analizou os principais parámetros ambientais que forman parte da xestión urbana, e concluíuse que estas cuestións "teñen un peso cada vez máis importante dentro das axendas municipais".
No tocante a menores emisións de dióxido de carbono o 'ranking' encabézao Zaragoza, do mesmo xeito que o de aforro de xestión residencial, no cal Santiago de Compostela se sitúa segunda. Pola súa banda, Xixón é a que ten unha mellor calidade de aire e Palma de Mallorca é a de mellor mobilidade.
