Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 24.05.2013  | Actualizado 12.57

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Santos Héctor Rodríguez ve persecución e abuso de poder no expediente a Silva

Lamenta que a Permanente "ante a súa incapacidade de facer oposición ao señor Feijóo, decida fortalecerse cun ataque interno"

VIGO. EP  | 26.06.2012 
A- A+

O secretario provincial do PSdeG en Pontevedra, Santos Héctor Rodríguez, considerou que o anuncio de apertura de expediente ao tenente de alcalde vigués Carmela Silva é unha "persecución" interna e denunciou que se trata de "abuso de poder" pois, ao seu xuízo, esta cuestión compete á dirección federal do partido e non á galega.

Nun comunicado emitido tras o anuncio do expediente a Silva por incumprir a norma dun home un cargo --ademais de ser tenente de alcalde, Carmela Silva ten un cargo na Mesa do Congreso--, Santos Héctor Rodríguez explicou que o alcalde vigués, Abel Caballero, puxo o pasado venres en coñecemento do secretario xeral e o de organización do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba e Óscar López, a vontade de Silva de "renunciar a un dos seus cargos no momento en que o secretario xeral decidise que lle era de aplicación a normativa de incompatibilidades".

Así mesmo, Santos Héctor, que é compañeiro de Silva no grupo municipal socialista no Concello de Vigo, expuxo á Permanente da Executiva do PSdeG que o tenente de alcalde "non ten ningunha intención" de manterse en dous postos, "máis alá da compatibilidade que manteñen 25 deputados e senadores doutras comunidades autónomas", e que así trasladoulloela a Rubalcaba e a López, aos que tamén indicou que "no caso de ter que optar, optaría por permanecer no Concello de Vigo".

O secretario do PSdeG en Pontevedra asegura que Carmela Silva "aceptará a decisión que se adopte na Executiva Federal" e engade que "non se entende, se non é no apartado da persecución, a decisión da Permanente de anunciar que levará á Executiva a apertura dun expediente".

Nese sentido, indica que "este expediente só pode ser aberto por unha comisión executiva" e que en "neste caso sería da Federal", ao tempo que considera que a Permanente galega incorre en "abuso de poder ao anunciar algo para o que non ten competencias".

"INCAPACIDADE"

Por outra banda, lamentou que "a Permanente, ante a súa incapacidade absoluta de facer oposición ao señor Feijóo, decida fortalecerse cun ataque interno moi propio do secretario xeral do PSdeG-PSOE a unha deputada que, de número dous da lista de Vigo, obtivo un dos mellores resultados electorais de España".

Finalmente, Santos Héctor Rodríguez conclúe o seu comunicado aconsellando á Permanente e á Executiva do PSdeG que "fagan política, que defendan os cidadáns e esquezan as persecucións internas que tanto parece gustarlles".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS