Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 25.09.2018 Actualizado 20:39
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O seguimento dos paros no ensino en Galicia, do 70% segundo os sindicatos e no 21,5% segundo a Xunta

SANTIAGO. EP  | 09.03.2018 
A- A+

O seguimento dos paros polo día internacional da muller en Galicia foi do 70% se se atende aos datos que manexan os sindicatos, pero do 21,46% segundo a Xunta.

Fontes sindicais consultadas por Europa Press aseguran que os docentes de "moitos" dos centros de Galicia secundaron ao 100% os paros parciais. Noutros casos, as cifras que manexan roldan o 50, o 60 ou o 70%.

De aí ese 70% "alto" de seguimento entre os docentes que calculan. En canto ao alumnado, estiman que un 90% dos de secundaria e o sistema universitario sumáronse aos paros.

A Xunta, pola súa banda, fixa nun 21,46% o seguimento no ámbito educativo, incluíndo os centros públicos e concertados. En termos absolutos, estas cifras tradúcense en 7.230 persoas que participaron na folga, segundo Vicepresidencia, dun total de 36.795.

Desagregados, a porcentaxe, indica, foi do 23,81% no sector público e do 7,91% no concertado. Engade ademais que se cumpriron ao 100% os servizos mínimos, que se fixaron en 2.476 persoas, e que as ausencias justificadas foron 623.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS