Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 06.12.2019 Actualizado 13:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Seguridade Social gana 875 afiliados estranxeiros en xuño en Galicia (+2,3%)

No conxunto do Estado rexístranse 23.120 e suma cinco meses de ascensos

SANTIAGO/MADRID. EP  | 19.07.2019 
A- A+

A Seguridade Social gañou 875 cotizantes estranxeiros en xuño en Galicia, un incremento do 2,32% en relación con abril, até situar o total de inmigrantes ocupados en 38.563, segundo os datos publicados este venres polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

En comparación co mesmo mes de 2018, o aumento dos estranxeiros afiliados á Seguridade Social é do 9,05% na Comunidade galega.

A distribución por réximes é de 30.653 no xeneral (26.213 no subtipo xeral, 1.330 no agrario e 3.111 no fogar), 6.659 autónomos e 1.250 do mar.

Ademais, os dados de alta no sistema en Galicia son 16.320 estranxeiros procedentes doutros países da Unión Europea e 22.243 extracomunitarios.

DATOS ESTATAIS
A Seguridade Social gañou unha media de 23.120 cotizantes estranxeiros en xuño (+1,07%), até situarse o total de inmigrantes ocupados en 2.178.269 persoas, segundo informou este venres o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Con este repunte, a afiliación de estranxeiros encadea cinco meses consecutivos de ascensos após gañar en febreiro, marzo, abril e maio 18.500, 41.677, 59.443 e 68.749 cotizantes, respectivamente.

Do total de afiliados estranxeiros inscritos a peche de xuño, 1.830.668 cotizan no Réxime Xeral (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 240.005 ocupados e o do Fogar, con 171.903); 342.596 en Autónomos; 4.948 no Réxime do Mar, e 58 no do Carbón

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros creceu en 151.710 cotizantes en xuño, un 7,49% máis.

Do total de traballadores inmigrantes afiliados á Seguridade Social, os grupos máis numerosos proceden de Romanía (361.873 afiliados), Marrocos (273.901), Italia (131.334) e China (107.282).

Séguenlles os traballadores de Ecuador (75.894), Colombia (73.850), Reino Unido (72.163), Bulgaria (66.465) e Portugal (57.590).

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS