Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Martes 22.05.2012  | Actualizado 12.06

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Porta de palla

Sen contrapoderes

14.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ M.RIVAS TROITIÑO

A chave da democracia son os contrapoderes. O perigo é que moitos deles somentes sexan comparsas do poder e renuncien ao seu papel de vixías da corrupción e dos abusos. Nisa conducta está a causa do descrédito de políticos e sindicatos e maila a prensa.

Os últimos anos veñen caracterizándose polos poderes absolutos do que definen como mercados e da política alemana, no noso caso. Os mercados é a xustificación para cambear radicalmente de políticas económicas, incluso de presidentes de goberno, e de que os partidos maioritarios digan amén.

Coa reforma laboral que ven de aprobar o goberno, o poder na empresa e na administración pública pasar a ser absoluto do empregador. Xa non queda contrapoder sindical nin xudicial nese eido.

Coido que imos camiño non do século XIX, senón de moito mais atrás. Se me apuran, remontariame á invasión dos bárbaros e caida do imperio romano. O dereito, os dereitos, desmoronanse, desaparecen. E ainda que un queira ser optimista, non hai mais motivo que vivir para selo. Agás os alemáns. Ises non perden, gañan.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS