Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 17.42
Os últimos anos veñen caracterizándose polos poderes absolutos do que definen como mercados e da política alemana, no noso caso. Os mercados é a xustificación para cambear radicalmente de políticas económicas, incluso de presidentes de goberno, e de que os partidos maioritarios digan amén.
Coa reforma laboral que ven de aprobar o goberno, o poder na empresa e na administración pública pasar a ser absoluto do empregador. Xa non queda contrapoder sindical nin xudicial nese eido.
Coido que imos camiño non do século XIX, senón de moito mais atrás. Se me apuran, remontariame á invasión dos bárbaros e caida do imperio romano. O dereito, os dereitos, desmoronanse, desaparecen. E ainda que un queira ser optimista, non hai mais motivo que vivir para selo. Agás os alemáns. Ises non perden, gañan.
