Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.12.2017 Actualizado 17:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

"De ser posible" os presidentes locais do PP serán candidatos en 2019, aínda que "non é obrigatorio"

"Un momento determinado non enturba a vida política dunha persoa como Mariano Rajoy", sinala Diego Calvo sobre a citación como testemuña do presidente

SANTIAGO. EP  | 19.04.2017 
A- A+

O presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo, destacou que os populares están xa centrados nas eleccións municipais de 2019 e avanzou o obxectivo de que, "a un ano e medio da cita electoral", estean elixidos "o cento por cento dos candidatos", co fin de que fagan os seus equipos e programas.

Nunha entrevista coa Radio Galega, preguntado acerca de se os presidentes locais deberían ser tamén os candidatos ás alcaldías en 2019, replicou que "non hai unha obrigatoriedade pechada". "Nós estipulamos que, de ser posible, os presidentes locais deben ser candidatos, pero non ten que ser. É unha forma de ter un partido ordenado, pero non é obrigatorio", recalcou.

Ante o congreso do PP na cidade da Coruña, ao que presentaron candidatura a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o exdiputado Javier Escribano, Calvo non quixo pronunciarse. Si asegurou que está "moi contento" despois do seu primeiro ano como presidente provincial do PP da Coruña e apuntou que agora o traballo céntrase nas próximas municipais.

Ao tempo, criticou os gobernos das mareas en Ferrol, A Coruña e Santiago, e denunciou que en todas as cidades "hai unha parálise". "Cando teñen un problema, crean unha polémica para tapar ese problema", esgrimiu.

IMAXE DE RAJOY

En clave estatal, Calvo minimizou a importancia da citación do presidente do Goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, como testemuña no marco da 'Gürtel' e augurou que non achegará "ningunha información relevante".

Así mesmo, defendeu que a imaxe do presidente do Goberno non se verá afectada. "Cando un leva tantos anos gobernando e traballando... Creo que a imaxe é a do traballo feito durante anos. Un momento determinado non enturba a vida política dunha persoa como Mariano Rajoy", resolveu.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS