Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 25.06.2017 Actualizado 10:42
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

E prevé seguir

O Sergas concedeu 154 prórrogas a profesionais na súa política de flexibilizar a xubilación

SANTIAGO. EP  | 18.05.2017 
A- A+

O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, sinalou que se concederon 154 prórrogas a profesionais desde a adopción do acordo de flexibilizar a súa política de xubilación e estimou que seguirán con iso.

En resposta a unha pregunta da deputada do PP María Encarnación Amigo Díaz, en comisión parlamentaria, Fernández-Campa explicou que entre maio de 2016 e abril de 2017 a Consellería de Sanidade concedeu 154 prórrogas, o que supuxeron o 95 por cento das solicitadas nese período.

Ademais, concretou o xerente do Sergas que esas 154 supoñen o 22 por cento do total de traballadores susceptibles de solicitar esa prórroga. E preguntado sobre se manterá esa política, afirmou que mentres siga a taxa de reposición do 100% nas OPEs "pódese manter o criterio de flexibilización" e poder conceder máis prórrogas "na medida en que se cumpran as condicións e criterios".

Fernández-Campa precisou que das 154 concedidas, 100 foron para persoal licenciado sanitario (65%) e 33 para outro persoal sanitario (21%); mentres que outras 21 foron para persoa de xestión e servizos (14%). Por áreas sanitarias, situou á de Ourense en primeiro lugar, con 31; seguida de Santiago, con 38; e Lugo, con 26.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS