Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 23.05.2013
| Actualizado 12.28
candidatura ao PSdeG de Ferrol
Sestayo propón renovación interna e "democracia participativa" da militancia
SANTIAGO. EP | 24.06.2012
A deputada socialista Beatriz Sestayo presentou este sábado a súa candidatura a liderar o PSdeG de Ferrol, os eixes fundamentais da cal serán a "renovación interna, compromiso coa esquerda e democracia participativa de toda o militancia".
Sestayo estivo acompañada dun grupo de militantes, algúns que a acompañarán na lista, e que exemplificou como a mostra do socialismo que defende: o da "igualdade", da defensa dos dereitos de todos e dos traballadores.
Baixo o nome de 'Traza vermella', busca converterse nunha agrupación que supoña un lugar de encontro, de reflexión, de diálogo e de debate no que busca sumar cidadáns que compartan un modo de facer política "afastado de personalismos".
Así, destacou que buscan configurar un código ético que "rexa en todos e todas os cargos e militantes", para facer adeptos "con bos exemplos e a recta conduta" dos homes e mulleres do partido; a premisa dun "militante, un voto" para a elección de todas as secretarías xerais e primarias abertas a simpatizantes; ou rendición de contas de cada área da executiva.
Entre outros compromisos, Sestayo asegurou que se este grupo sae elixido na asemblea do 6 de xullo manterá unha "profunda coherencia entre o discurso e os feitos, na que non haberá contradicións". "Ferrol terá un referente político para loitar enerxicamente contra o PP e as súas políticas de dereita".
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.